A Plataforma de Afectados por Comunidades de Montes denuncia o crecente acoso a propietarios particulares de Pontellas
Representantes da Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes, acompañados de tres veciños afectados, mantiveron un encontro a pasada semana co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo Alonso, para informarlle da crecente presión que está a exercer a Comunidade de Montes de Pontellas sobre propietarios particulares desta parroquia para facerse coa titularidade de numerosas parcelas,





