Quen somos
A Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes nace para agrupar a particulares e empresas en situación de inseguridade xurídica ante as demandas presentadas no xulgado por varias comunidades de montes de Galicia para arrebatarlles as súas casas, fincas, explotacións agrícolas e gandeiras ou instalacións dos seus negocios.
As comunidades de montes alegan, baseándose na actual Lei de Montes de Galicia, que o territorio que esixen lles pertence hai tempo inmemorial.
Os tribunais comezaron a darlle a razón aos comuneiros e os residentes e empresarios afectados atópanse con que o que lles pertencía dende sempre, incluso terreos e casas herdadas dende varias xeracións atrás, pasan agora a outras mans.
As comunidades de montes en man común, unha figura xurídica existente en Galicia para preservar e coidar a explotación ordenada dos nosos montes, están hoxe a operar nalgunhas comarcas como xestoras de parques empresariais, arrendadoras de parcelas completamente alleas ás explotacións forestais ou simplemente como usurpadoras de predios dos seus propios veciños.
En distintas áreas do Sur de Vigo xurdiu un movemento de resposta a esta situación de inseguridade xurídica coa que están a atoparse moitas empresas e propiedades privadas. Na actualidade, a Plataforma congrega a 300 persoas entre particulares, autónomos, traballadores e empresas.
Este movemento esténdese, agora, a toda Galicia co afán de dar voz a todas as persoas físicas ou xurídicas da comunidade galega que estean a sufrir esta ameaza. Se estás nunha situación parecida, únete ou contacta con nós para solicitar máis información ou asesoramento.
A voz dos afectados
Testemuñas
Obxectivos
Ultimas novas
A Audiencia tumba un novo intento dos comuneiros de Cabral de facerse cun terreo e unha vivenda en Peinador
Vigo, 26 de xaneiro de 2026.- Novo revés para a Comunidade de Montes en Man…
Os comuneiros de Salvaterra logran facerse con catro parcelas nun litixio co Concello
Salvaterra, 20 de outubro de 2025.- A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de…
Os comuneiros de Cabral desisten da pelexa por catro vivendas tras a sucesión de sentenzas contra eles
Vigo, 28 de xullo de 2025.- A sentenza ditada a favor de Purificación Castro, veciña…
Novo revés para os comuneiros de Cabral nun preito por unha finca con catro vivendas
Vigo, 10 de xuño de 2025.- A Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de desestimar o…
Os casos de comunidades de montes que reclaman propiedades privadas esténdense por 14 concellos galegos
A Plataforma de Afectados recibe consultas sobre conflitos en Silleda, Guitiriz, A Fonsagrada, Taboada, Tomiño,…
O TSXG rexeita a pretensión dos comuneiros de Cabral de facerse con outra parcela na contorna do Ifevi
Vigo, 24 de marzo de 2025.- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de…
Súmate
Podes contactar con nos cubrindo o formulario de contacto ou no email info@afectadoscomunidadesmontes.org





